Blogia
A 21 Guitiriz

Parga: Pino de Monterrey

Parga: Pino de Monterrey

 

 

-Ou pinus radiata

-Ten tres acículas (follas),que son moi flexibles e non pican

-É unha especie Pirófita, que quere decir que se beneficia coa calor. E con esa calor as piñas ábrense e soltan as sementes.

-Esta especie foi introducida en Galicia, vén de Norteamérica.

-Este pino distínguese do pino do país ou marítimo mirando as súas follas (acículas) porque as do pino do país só son dúas acículas e son máis duras e menos flexibles e tamén pinchan máis.

1 comentario

Susana -

É un pino que se introduciu na costa cantábrica, en España, porque só se dá a menos de 4000 ha do mar. Esta poboación ten incidencia en Galicia, especialmente en Lugo, e o País Vasco. Non se deben facer monocultivos desta especie porque reducen a biodiversidade da zona, xa que ao ser densa a súa cuberta e as resinas que emiten, dificultan o desenvolvemento doutras especies. Ademais, parece que tamén empobrecen o solo no que medran.